Ariadne auf Naxos

Ariadne auf Naxos
Ariadna en Naxos
John Vanderlyn: Ariadna durmindo en Naxos.
FormaÓpera
Actos e escenas1 acto e un prólogo
Idioma orixinal do libretoAlemán
LibretistaHugo von Hofmannsthal
Estrea25 de outubro de 1912
Teatro da estreaKleinen Haus des Hoftheaters
Lugar da estreaStuttgart
Duración2 horas 15 minutos
Música
CompositorRichard Strauss
Personaxes
Personaxes do prólogo

Ariadne auf Naxos (en galego Ariadna en Naxos) é unha ópera en dúas partes (prólogo e un único acto) con música de Richard Strauss e libreto en alemán de Hugo von Hofmannsthal, baseada en Le Bourgeois Gentilhomme de Molière e o mito grego de Ariadna e Baco. O 25 de outubro de 1912 estreouse a súa primeira versión no Kleinen Haus des Hoftheaters de Stuttgart, e a versión definitiva, o 4 de outubro de 1916 na Hofoper de Viena. Trátase da ópera máis famosa de Richard Strauss logo de Der Rosenkavalier. Durante a vida do compositor, a ópera foi producida apenas unha vez, en 1926, cando se fixeron tres presentacións, unha delas dirixida polo propio Strauss. Só tres décadas despois volveu Ariadne auf Naxos aos escenarios, sendo presentada no Salzburg Festival cun grande éxito con Karl Böhm en 1954. O seu número de opus é o 60.

  1. Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en castelán) (2.ª ed.). Alianza Editorial, S.A. pp. 425 e 426. ISBN 84-206-0284-1. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy